sábado, 3 de marzo de 2018

Actividades complementarias


 Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primavera facendo actividades distintas: escalada, ciclismo, vela, raftting, senderismo e acampada... en entornos distintos.

A aportación que estas actividades nos van ofrecer, vai máis alá de quedarnos ca experiencia de practicalas, pois dende fai unhas semanas xa comezamos a organizalas co respaldo do profesor do módulo. Deste xeito estamos vendo todo o traballo que conleva organizar cada unha das saídas ou actividades, que non é pouco.

Unha das primeiras cousas que fixemos foi organizarnos por tarefas facendo grupos: o que se iba adicar a buscar a forma de financiarnos os custes das actividades e transporte preciso; e o que se encargaba de contactar coas empresas. Logo, xa en gran grupo, é decir, entre todos e todas decidimos as accións a realizar para a recaudación económica.

A máis popular - ainda que difíciles de vender- foron as clásicas papeletas ou rifas. Inicialmente cada un fixemonos cun talonario para vender as máximas posibles. Pasados varios meses fixemos un reconto e, en vista das papeletas que sobraran, o profesor fixo unha proposta para acabar de rentabilizalas: vendelas por grupos. Aínda que non fixemos reconto e, polo tanto non sabemos como de proveitosa foi a suxestión, animámonos bastante a dárlle o último empuxo a estas rifas.

Nunha das xuntanzas que tivemos o gran grupo, tamén surxiron diversas propostas, dende facer un rastrillo no centro, facer pegatinas ata facer camisolas que nos axudasen a recolectar diñeiro. Finalmente acabamos optando por esta última, a das camisolas. A pesar de que non é unha inversión tan fiable como podería ser a das pegatinas, si pode acabar sendo a máis vendible.

Outro pequeno recurso do que nos valemos para o respaldo das actividades foi colaborar nunha carreira de orientación. Sen dúbida foi unha gran experiencia que volvería a repetir, como farei o próximo 24 de marzo, desta vez nunha carreira de orientación polo centro da cidade.

Persoalmente, creo que aplicar esta didáctica na planificación destas actividades foi todo un acerto. Como dixen anteriormente, porque vemos o traballo que hai detrás da tradicional autorización que nos levan dando no colexio dende cativos; porque aprendemos a enfrontarnos a novos procesos que probablemente chegarán a formar parte da nosa actividade laboral e porque aprendemos a traballar en equipo con outras persoas.

viernes, 23 de febrero de 2018

Avaliación recíproca

Fai unhas semanas atrás, comezamos coas avaliacións recíprocas, é dicir, a avaliarnos entre compañeiros/as. O obxectivo fundamental desta tarefa, foi ver a distinta execución dun mesmo movemento e, por suposto, axudarnos entre nós a mellorar.

Para elo, utilizamos unha ferramenta de traballo dada polo profesor como foi unha ficha. Esta sinalaba, un por un, os aspectos técnicos a avaliar. Nela tiñamos que plasmar críticamente a execución do recobro por exemplo.

A dinámica organizativa foi en tríos. Mentres un integrante nadaba, os outros dous iban prestando atención a realización de aspectos técnicos sinalados en dita ficha. Unha vez que nos víramos nadar entre os tres, comentamos un a un os aspectos incorrectos e os correctos.
 A finalidade do aspectos incorrectos é obvia, melloralos. Pero por outra parte,  tamén aprendemos que é igual de importante comentar e resaltar os movementos realizados correctamente.

Persoalmente penso que é un método pouco usado na educación a pesar do seu gran aporte formativo. É un procedemento que participa no proceso de socialización do alumnado ao mesmo tempo que mellora as relacións interpersoais entre eles/elas; da seguridade ao alumno/a para afianzar as súas competencias; gratificaos co apoio do profesor/a delengando neles a función de correxir ; a motivación que atribúe ao estudo dos contidos teóricos.

Dada a función do técnico/a deportivo, pódeselle sumar a preparación previa e asimilación dunha das nosa futuras funcións. Como consecuencia os almnos/as tamén poden resolver dudas de como correxir ou transmitir un aspecto técnico dun determinado deporte. Ao mesmo tempo, este tipo de avaliacións segue permitíndolle ao profesor observar e valorar a aprendizaxe dos seus discentes.

Outro aspecto estimulado pola avaliación recíproca e que xa vimos experimentando neste modulo, é a aprendizaxe entre iguais. Este diferénciase moi ben do clásico modelo xerárquico  no que o mestre é a máxima autoridade e "o único que sabe".

A aprendizaxe de actividades e tarefas dende unha relación asimétrica, vólvese moito máis significativa e vital. O feito de ter un compañeiro valorándote e correxíndote dende o seu punto de vista, pode conseguir que modifiques un aspecto que o profesor leva machacandote todo o curso.


 A miña opinión o respecto é que isto é debido a relaxación e solidariedade que nos transmite estar traballando con un colega: pois tatándose dun compañeiro e sabendo que ambos teñen o mesmo obxectivo - a correcta realización dun xesto técnico- o esforzo por conseguir que o outro/a mellore incentivase porque despois os papeles de profesor-alumno vánse intercambiar.


Dende a miña experiencia fundada na sesión de avaliación recíproca que fixemos na piscina, tamén cabe destacar o compoñente reflexivo sobre o aprendido. Como expliquei o principio desta entrada, a medida que o "alumno/a" nadaba, os outros dous "profesores" iban completando unha ficha valorativa. Pois ben, ao ter que facer dita valoración, os profesores dese momento teñen que facer unha metódica reflexión sobre o modelo estándar visto na clase e o que están observando.

De certa forma, a aprendizaxe entre iguais tamén se pode enlazar con outro método que o noso profesor ven logrando dende comezos de curso, como é o feito de que nós mesmos sexamos os protagonistas do noso aprendizaxe.

viernes, 12 de enero de 2018

Introdución aos saltos

Esta segunda avaliación comezámola cunha actividade moi diferente a da primeira, pero vihinculado igual ao atletismo: os saltos. Salto de altura, de lonxitude, con pértiga e triple salto.























A primeira toma de contacto con esta unidade didáctica foi a través do baloncesto  e o salto de altura en tixeiras. Como aínda non empezara oficialmente o segundo trimestre foi como unha especie de experimentación. A volta das vacacións de nadal, o profesor adaptou o pavillón para que puideramos realizar tódalas devanditas modalidades. Xa na terceira sesión con esta proposta de traballo, puidemos especializar un pouco máis o escenario onde levar a cabo as diferentes modalidades, e practicámolas nas pistas de atletismo.

O que vou tratar nesta primeira entrada quincenal é un detalle que me chamou a atención do profesor na segunda sesión. Este detalle foi o recordatorio dos tipos de información que. Ainda que xa se dera en varias ocasións nos primeiros meses  de clase, o que máis me sorprendeu desta vez foi a planificación con que o fixo

martes, 19 de diciembre de 2017

Elección del mejor blog

Facendo unha comparación entre o blog de Miguel e Héctor para escoller o mellor de entre os dous. Tendo como criterio o contido, a presentación, a utilización das imáxes para reflexar mellor o tema que trata en cada artigo e entrada.

Por todo isto, a nosa elección foi o blog de Héctor.


sábado, 2 de diciembre de 2017

Adaptándose as circunstancias

Esta semana tivemos un exemplo dun consello que o profesor nos deu varias veces: que o voso traballo non se vexa condicionado polo espazo que tendes, o material dispoñible...

Dende principio de curso tivemos a sorte de contar cunhas condicións metereolóxicas, que ainda que son impropias da época na que estamos, foron as que nos permitiron aproveitar as pistas para a práctica de actividades relacionadas co atletismo, tratadas xa en entradas anteriores. 

Non obstante, o mal tempo comezou a chegar e as sesións desta semana tiveron unha pequena variación na súa dinámica, mais non nos seus obxectivos. No tocante ao rugby tag foi onde máis cambio houbo. Como o tempo non nos permitiu baixar as pistas de atletismo, utilizamos o pavillón como terreo de xogo. Dado que as dimensións da instalación limitaban bastante o terreo de xogo, en lugar de facer partidos, o profesor preparou varias actividades coas que practicamos máis a técnica de movementos, como por exemplo a do pase.

Ainda que o rugby tag non é unha actividade que teña que ser practicada necesariamente ao aire libre, non deixa de ser dificil adaptala a un espazo tan reducido coma o pavillón con un grupo de alumnado relativamente amplo.

O que máis me chamou a atención foi que no canto de facer unha "adaptación básica", é dicir, poñernos a xogar igual que o facíamos nas pistas, adaptou a actividade ao espazo dispoñible a través de exercicios cos que continuábamos inmersos no rugby.


viernes, 24 de noviembre de 2017

Organización

Antes de comezar unha unidade didáctica, o profesor sempre nos propón variantes que podemos utilizar cando sexamos técnicos/as, grupos de idade as que as podemos dirixir, como presentar a actividade ou mesmo algúns consellos que favorecen o seu desenrolo e fan de nós uns bos técnicos deportivos.

 Esos consellos son os que vou tratar nesta entrada, en concreto centrareime en dous: a puntualidade e a metodoloxía según o contido.

A puntualidade é un valor que xa comezamos a perfilar. Coma en tódalas profesións, chegar a tempo ao posto de traballo transmite principalmente profesionalidade e compromiso. Esta actitude vímola reflexada en varios exemplos. Un deles foi que sendo monitor/a dunha actividade nunha instalación, se chegas tarde e a algún dos usuarios/as lle ocorre algo, a responsabilidade recaerá sobre o técnico en cuestión posto que foi dentro do horario da actividade.

Persoalmente estou bastante soprendida dos recursos didácticos utilizados polo profesor. Aínda que tiven bastantes mestres, todos tiñan en común -ou cando menos moi parecida- a forma na que explicaban un tema, tendo así o erróneo pensamento de que, por exemplo, se explicaba todos os temas da mesma forma e porque non había máis maneiras de explicalo, e se a explicación resultaba aburrida era porque a actividade era aburrida.

Aínda que dende comezo de curso xa non teño esta idea, esta semana atopei a frase que mellor plasma o que quero transmitir nestas líneas: distinto contido, distinta acción metodolóxica. Cada actividade que comezamos Eduardo explicaa de maneira totalmente distinta. Utiliza pequenos  e distintos detalles en cada sesión que, polo menos dende o meu punto de vista, fanas amenas e produtivas.


martes, 21 de noviembre de 2017

Rugby tag

A semana pasada foi bastante distinta en canto a este deporte se refire, habitualmente o que facemos é formar catro grupos, dous amarelos e dous azuis. Na sesión de onte o que fixemos, en vista do futuro torneo de rugby tag, foi unha discriminación positiva: as chicas xogamos entre nós e os homes fixeron 4 equipos entre eles.

Ao sermos tan poucas no equipo feminino, o primeiro que tivemos que facer foi adaptar o xogo as circunstancias que se daban. Así pois, repartímonos en equipos, adaptamos o terreo de xogo e modificamos xogadas- en vez de facer a melé sacabamos coma se fora tag e nos saques laterais poñíase unha de cada equipo ó palmeo. Antes de empezar a xogar, compuxemos a caraterística  danza previa ós partidos, a haka. Nunca se dera a ocasión na que participaramos  tódalas rapazas xuntas, e a verdade é que foi moi divertido.

Coma sempre contamos ca axuda do profesor, mais desta vez a súa cooperación foi máis ben en calidade de entrenador -para o nomeado torneo- facendonos conscientes dos puntos flacos e dando consello de como facer a mesma xogada pero de mellor xeito. A parte do ben que o pasamos, a nosa formaión neste deporte seguiu crecendo: como correxir o/a xogador/a, posto que tivemos ao noso profesor retificandonos; e tamén porque nalgún momento fixemos de árbitro entre todas, reafirmando así os nosos coñecementos e compartíndoos cas compañeiras.

Actividades complementarias

  Na primeira avaliación aproveitaramos o inusual bo tempo nas pistas de atletismo. Na segunda, imos sacarlle partido a chegada da primave...